Katyavala Bwila I
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1680 Reino de Lunda (pt) |
Morte | c. 1720 (39/40 anos) Reino Bailundo, Angola (pt) |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Katyavala Bwila I, ou simplemente Katyavala I, nado no Reino Lunda, c. 1680 e finado no Reino Bailundo c. 1720, foi o primeiro Soma Inene do Reino Bailundo e, polo tanto, o fundador do país Bailundo, a máis grande de todas as nacións ovimbundu.
O seu nome é incerto, xa que "Katyavala" pode significar "soberano"[1] e "Bwila" pode traducirse como "pobos que van", quizais cun significado de "rei dos pobos errantes",[2] en referencia á súa política de unir pobos sen líder arredor dun rei centralizador.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu lugar de nacemento é incerto, dándose ás veces como nado no Reino de Cassange e outras no Reino Lunda. O certo, con todo, é que naceu nas inmediacións do ano 1680, sendo membro dun dos clans semi-nómades de cazadores e pastores bangalas (ou imbangalas), que vivían migrando entre as terras destes reinos e as mesetas máis meridionais.[1]
Na idade adulta foi considerado o sucesor natural do seu pai no liderado do clan, cando, debido ás diferenzas na condución dun ritual de sacrificio de animais, entrou en forte disputa co seu patriarca, feito que o obrigou a fuxir da rexión do Humbe, onde se asentara o seu clan, primeiro a Cuanza Norte, e despois á rexión de Halavala.[3]
Na rexión de Halavala converteuse, nas proximidades do ano 1700, no ideólogo da centralización política de cinco ombalas (cidades ou aldeas) ovimbundas: Hala-Vala, Quiaca, Calique, Andulo e Vilé. Converteuse en Soma Inene (rei), e asentou o seu poder na ombala de Halã-Vala (actual cidade de Bailundo), facendo desta a capital do novo Reino Bailundo.[1]
A súa visión unificadora dos pobos da Meseta Central de Angola, nun intento de contrarrestar o avance da influencia do imperio colonial portugués, situouno como un dos grandes estadistas da historia dos pobos de Angola.[1]
Morreu nas inmediacións do ano 1720, sendo substituído polo seu fillo, Jahulu I. Foi enterrado no monte Halavala.[4]
Homenaxes
[editar | editar a fonte]O campus da Universidade Agostinho Neto de Benguela, cando foi elevado a universidade, pasou a chamarse Universidade Katyavala Bwila.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Sungo, Marino Leopoldo Manuel (2015). "O reino do Mbalundu: identidade e soberania política no contexto do estado nacional angolano atual" (PDF). Universidade Federal de Santa Catarina (en portugués). Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ Smith, Edwin W. (1920). The Ila-speaking people of Northern Rhodesia (en inglés). Toronto: Macmillan and CO., Limited.
- ↑ Ceita, Constança do Nascimento da Rosa Ferreira de (2015). "Silva Porto na África Central – VIYE / ANGOLA: história social e transcultural de um sertanejo (1839-1890)" (en portugués). Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ "Huambo: Historial do reino do Bailundo contado aos Jovens de Cabinda" (en portugués). 11 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2021. Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ "Historia da Universidade Katyavala Bwila". ukb.ed.ao (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2021. Consultado o 20 de maio de 2021.